Salavat Yulaev Ufa

O Salavat Yulaev Ufa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ufa, na República de Bashkortostán (Rusia). Actualmente forma parte da División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008.

Salavat Yulaev
Салават Юлаев
Fundación1957
Cidade Ufa,
Bashkortostán
Rusia
EstadioUfa Arena
(10.000 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónChernyshev
Campionatos1 (2011)
Director Oleg Gross
Adestrador Vladimir V. Yurzinov
Afiliado(s)Toros Neftekamsk (Vyschaïa Liga)
Tolpar (MHL)
CoresAzul, verde e branco
                 
Na rede
https://hcsalavat.ru/
Facebook: hcsalavat Twitter: hcsalavat Instagram: hcsalavat Telegram: hcsu61 VK: hcsalavat Youtube: UCbCgB2r_6tL3NeCJ63PHZcw TikTok: hcsalavat Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O club recibe o seu nome de Salavat Yulaev, un heroe nacional de Bashkortostan. Anteriormente era coñecido como Trud Ufa (dende a súa fundación en 1957 ata 1959) e Gastello Ufa (1959-1962). O Salavat Yulaev foi o campión do último título da Superliga Rusa no 2008.

O Salavat Yulaev Ufa xogou 77 partidos internacionais contra equipos de Bulgaria, Dinamarca, Letonia, Polonia, Romanía, Finlandia, Croacia, Checoslovaquia, Suíza, Suecia (cun récord de 67 vitorias, 5 empates, e 5 derrotas). O seu primeiro partido internacional tivo lugar o 30 de decembro de 1961 en Ufa fronte ao Wismuth de Alemaña Oriental. En 1993, o Salavat puido disputar o máximo campionato ruso. No 2008, o club adestrado por Serguei Mikhaliov conseguiu o seu primeiro título de campión ruso. Ao ano seguinte, o club converteuse nun dos membros fundadores da Kontinental Hockey League, unha nova competición eurasiática, foi daquela cando asinou un acordo de aficiación co Toros Neftekamsk da Vyschaïa Liga.

Palmarés editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar