Xogos Olímpicos de 1984

(Redirección desde «Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984»)

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1984
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der XXIII. Olympiad Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
MascotaSam (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
Composto porVoleibol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984
Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984
Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 +
../... 29 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes140
6.829 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos221 Editar o valor en Wikidata
Localización Os Ánxeles (Condado dos Ánxeles)
Los Angeles Memorial Coliseum (California) Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo28 de xullo de 1984 – 12 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata
Número de edición23  (1984) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porRonald Reagan Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porEdwin Moses
Sharon Weber (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porRafer Johnson Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata

1980 Editar o valor en Wikidata
1988 Editar o valor en Wikidata

A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receo xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após o seu termo, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Boicot

editar
 
Mapa dos boicots olímpicos (en vermello e laranxa os destes Xogos).

Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Pano de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.

Modalidades disputadas

editar
 
Estados participantes

Cadro de medallas

editar
Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 83 61 30 174
2   Romanía 20 16 17 53
3   Alemaña 17 19 23 59
4   China 15 8 9 32
5   Italia 14 6 12 32
6   Canadá 10 18 16 44
7   Xapón 10 8 14 32
8   Nova Zelandia 8 1 2 11
9   Iugoslavia 7 4 7 18
10   Corea do Sur 6 6 7 19