Abrir o menú principal

Julius Yego

Lanzador de xavelina kenyano

Julius Yego, nado o 4 de xaneiro de 1989, é un deportista kenyano que compite na proba de lanzamento de xavelina. Alcumado "Mr. YouTube Man" por ter aprendido como lanzar vendo vídeos en YouTube de atletas de xavelina. Yego posúe o récord africano e os da Commonwealth, cunha mellor marca persoal de 92,72 metros. Gañou o título de xavelina nos Xogos Panafricanos de 2011 e nos Campionatos Africanos de Atletismo de 2012 e 2014. No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou cuarto, perdendo a medalla na rolda final final. No 2014, converteuse no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nos Xogos da Commonwealth. No Campionato Mundial de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro cun lanzamento de 92,72m, converténdose no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nunha proba de campo dun Campionato Mundial. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro.

Julius Yego
Julius Yego Beijing 2015.jpg
Yego no 2015.
Información persoal
Nacionalidadekenyano
Nacemento4 de xaneiro de 1989 (30 anos)
Quenia Kenya
Altura175 cm
Peso85kg
Deporte
PaísQuenia Kenya
DeporteAtletismo
Evento(s)Lanzamento de xavelina
AdestradorPetteri Piironen[1]
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. Landells, Steve (18 de setembro de 2014). "Finnish advice is the secret to African javelin throwers' success". International Association of Athletics Federations. Consultado o 15 de setembro de 2014.