Abrir o menú principal
O Equipo Unificado usou a bandeira olímpica no canto da súa bandeira nacional.

Equipo Unificado foi o nome empregado polos equipos deportivos das antigas repúblicas da Unión Soviética (excepto os Países bálticos) nos Xogos Olímpicos de inverno de 1992 en Albertville e nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona. O nome oficial en francés foi Équipe Unifiée.

Índice

HistoriaEditar

Durante os Xogos Olímpicos de Inverno empregouse a bandeira olímpica na cerimonia de apertura e nas cerimonias de entrega de medallas, e soaba o himno olímpico cando un deportista do Equipo Unificado conseguía unha medalla de ouro. Isto repetiuse nos Xogos Olímpicos de Verán excepto cos deportistas individuais, que pese a que competían co mesmo uniforme, izábase a bandeira do seu país de orixe se gañaban unha medalla e soaba o himno cando acadaban o ouro.

O equipo estivo formado por atletas de todas as ex Repúblicas Soviéticas exceptuando os estados bálticos:

País Código COI (1994–) Xogos de Inverno Xogos de Verán
  Armenia ARM X X
  Acerbaixán AZE   X
  Belarús BLR X X
  Xeorxia GEO X
  Casaquistán KAZ X X
  Kirguizistán KGZ   X
  Moldavia MDA   X
  Rusia RUS X X
  Taxiquistán TJK   X
  Turkmenistán TKM   X
  Ucraína UKR X X
  Uzbekistán UZB X X

Equipo Unificado en AlbertvilleEditar

MedallasEditar

Xogos       Total
Albertville 1992 9 6 8 23
Total 9 6 8 23

Equipo Unificado en BarcelonaEditar

MedallasEditar

Xogos       Total
Barcelona 1992 45 38 29 112
Total 45 38 29 112

Véxase taménEditar