Irene González

futbolista galega

Irene González Basanta, nada na Coruña o 26 de marzo de 1909[1] e finada na mesma cidade o 9 de abril de 1928, foi unha deportista galega, considerada a primeira xogadora galega de fútbol.[2]

Irene González
Información persoal
Nome Irene González Basanta
Nacemento 26 de marzo de 1909
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 9 de abril de 1928
Lugar de falecemento A Coruña
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ao principio da súa carreira, no equipo infantil Racing-Athletic, Irene xogaba de dianteira centro. Porén, cando fundou o seu club Irene C.F. (do que pasou a ser capitá), cambiou á posición de porteira por motivos descoñecidos.[3] No equipo, que estaba federado, xogaba xunto aos homes.[4] A súa fama fixo que o seu club disputase encontros na Laracha, Betanzos, Ferrol, Sada, Oleiros, Culleredo, Monforte ou Noia, con importante presenza de público.[5]

Quen a viron xogar afirmaron que Irene era unha gran porteira, a quen era moi difícil meter un gol.[6]

A comezos de 1925, só uns meses antes de que fixese 16 anos, sacáronlle a única fotografía súa coñecida.

Co Irene F.C. participou en competicións infantís da Coruña e de xuño a setembro de 1925 organizou un campionato en que participaron dezaoito clubs. Tamén interveu en varios encontros amigables.[7]

En outono de 1927 enfermou de tuberculose, doenza que a afastou do terreo do xogo. Tivo que empeñar as súas escasas posesións para poder pagar a medicación, a alimentación e o alugueiro.[3]

En novembro dese ano os xornais locais difundiron o seu grave estado e os apuros polos que pasaba, ante o que axiña xurdiu a solidariedade da xente. Na Coruña, Ferrol e Betanzos fixéronse colectas entre as afeccións durante os partidos de fútbol e celebráronse varios partidos benéficos, dos que se lle entregou toda a recadación.[8] Irene puido recuperarse, mais uns meses despois faleceu de súpeto no seu domicilio por mor das secuelas que lle deixou a tuberculose.[9]

Notas editar

  1. "Registro Civil". El Eco de Galicia : diario católico é independiente. 27 de marzo de 1909. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. 
  2. "Irene González Basanta pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo". 
  3. 3,0 3,1 "Irene González Basanta pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo". 
  4. "Unha ducia de pezas históricas do fútbol galego". Praza Pública. Consultado o 2020-12-20. 
  5. "A porteira Irene, a historia dunha muller pioneira hai un século". Praza Pública. 2020-12-20. Consultado o 2020-12-20. 
  6. "Irene Gonzalez Guardameta.Portera A Coruña.Irene Gonzalez F.C". Ropa PinUp (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  7. "Irene, la jugadora de fútbol más extraordinaria". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  8. "irene gonzlez". estudiantes.elpais.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  9. "Mujer, portera, pionera". abc (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar