Güeldres

provincia dos Países Baixos

Güeldres[1] (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.

Güeldres
Gelderland
Gelderlaand
Bandeira de Güeldres
Escudo de Güeldres
BandeiraEscudo
Gelderland in the Netherlands.svg
Himno: Ons Gelderland
EstadoPaíses Baixos Países Baixos
CapitalArnhem
 • Poboación145 417 (2008)
Cidade máis poboadaNimega
Lingua oficialNeerlandés
Forma de gobernoProvincie
Comisario da Raíña
John Berends (CDA)
SuperficiePosto 2º
 • Total5.136,51 km²
 • % auga3,2
Costas0 km
PoboaciónPosto 4º
 • Total1 990 871 hab.
 • Densidade396 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.nl
Código ISONL-GE

Güeldres está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.

En 1944, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar en Güeldres a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.

NotasEditar

  1. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (2007). "O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución.". En Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega. Os símbolos de Galicia (PDF). Santiago de Compostela e A Coruña. p. 38. ISBN 978-84-96530-46-1. 

Véxase taménEditar