Limburgo, Países Baixos

provincia dos Países Baixos

Limburgo[1] (Limburg en neerlandés e limburgués, Limbourg en francés) é unha provincia situada no sueste dos Países Baixos, con fronteira coas provincias de Güeldres e o Brabante do Norte, con Bélxica ó oeste, e co estado alemán de Renania do Norte-Westfalia ó leste. Ten unha extensión de 2.153 km² e 1 120 006 habitantes (decembro de 2013). A súa capital e cidade máis poboada é Maastricht.

Limburgo
Limburg
Bandeira de Limburgo
Escudo de Limburgo
BandeiraEscudo
Limburg in the Netherlands.svg
Himno: In 't bronsgroen eikenhout
EstadoPaíses Baixos Países Baixos
CapitalMaastricht
 • Poboación122 418 (abril de 2016)
Cidade máis poboadaMaastricht
Lingua oficialNeerlandés
Forma de gobernoProvincie
Gobernador
Theo Bovens (CDA)
SuperficiePosto 11º
 • Total2.209,22 km²
 • % auga2,6
Costas0 km
PoboaciónPosto 6º
 • Total1 120 006 (decembro de 2013) hab.
 • Densidade522 hab./km²
Xentiliciolimburgués
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.nl
Código ISONL-LI

Ten o seu propio idioma, o limburgués, recoñecido oficialmente como lingua rexional dende 1997.

NomeEditar

O nome de Limburgo deriva da cidade fortificada do mesmo nome, situada á beira do río Vesdre, preto de High Fens , agora na próxima provincia belga de Liexa. O seu nome deriva dos elementos xermánicos lindo, "árbore de lima" e burg, "fortificación".

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 130. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar