Eduardo Pardo de Guevara

historiador galego
(Redirección desde «Eduardo Pardo de Guevara y Valdés»)

Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.

Eduardo Pardo de Guevara
Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés.jpg
Nome completoEduardo José Pardo de Guevara y Valdés
Nacemento14 de setembro de 1952
 Ponteceso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense
Ocupaciónmestre e historiador
XénerosHistoria Medieval.
Na rede
Dialnet: 28176
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.[1]

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,[2]. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,[3] membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía[4] e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.[5]

A súa bibliografía é abondosa.[2][4] Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.[6]

É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.

Obra publicadaEditar

NotasEditar

  1. Xornal ABC do 24 de setembro de 1984 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Eduardo J. Pardo de Guevara y Valdés Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. na páxina do Consello Superior de Investigacións Científicas.
  3. Seccións e Comisións Técnicas do Consello da Cultura Galega.
  4. 4,0 4,1 Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía
  5. "Académicos correspondentes da Real Academia de la Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  6. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés en Dialnet.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar