Vitesse Arnhem
O Stichting Betaald Voetbal Vitesse, tamén chamado Vitesse Arnhem ou simplemente Vitesse, é un club de fútbol dos Países Baixos, da cidade de Arnhem. Xoga na Eredivisie holandesa e fundouse o 14 de maio de 1892.
Vitesse | |||
---|---|---|---|
Nome | Stichting Betaald Voetbal Vitesse | ||
Fundación | 14 de maio de 1892 (128 anos) | ||
Estadio | GelreDome, Arnhem, Países Baixos | ||
Inauguración | 1998 | ||
Capacidade | 25.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Eredivisie | ||
2012–13 | 4º | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
HistoriaEditar
O club fundouse en 1892. En 1984 separouse a parte de afeccionados para profesionalizar aínda máis o club.
A finais do século XIX e a principios do século XX, o equipo loitaba polo antigo campionato nacional, pero nunca chegou a gañalo. En 1927 chega por vez primeira á final da copa, pero non a gaña. Despois da fundación da Eredivisie en 1956, o equipo non participa ao nivel máis alto ata 1971. Nese intre o equipo mantense durante 3 tempadas na máxima categoría, e non será ata 1989 cando volva á primeira división. En maio de 1990 xoga a súa segunda final de copa contra o PSV, pero queda de novo subcampión. Ata 2002 o equipo sempre remata a tempada entre os 6 primeiros na liga e clasifica para a Copa UEFA en 6 ocasións. En 1993, o Vitesse foi eliminado polo Real Madrid nos oitavos de final da UEFA (0-1, 1-0). Neses anos, varios xogadores do Vitesse van convocados coa súa selección nacional.
A nivel nacional,o Vitesse ostenta a maior derrota da historia da Eredivisie: o 12 de maio de 1972 os afeccionados do Ajax puideron desfrutar dun contundente 12-1.
O 15 de agosto do 2010 fíxose pública a compra do equipo polo xeorxiano Merab Zjordania, o cal chegou a ser adestrador da selección de Xeorxia.
UniformeEditar
- Uniforme titular: Camisola negra-amarela a raias, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camisola gris, pantalón negro e medias negras.