Estadio Nuevo Colombino

(Redirixido desde "Nuevo Colombino")

Coordenadas: 37°14′47″N 6°57′15″O / 37.24639, -6.95417

O Nuevo Colombino é o estadio de fútbol do Recreativo de Huelva, decano do fútbol español. Foi inaugurado oficialmente o 8 de novembro de 2001 e substituíu ao antigo Estadio Colombino ou Estadio Municipal que se atopaba emprazado na barriada de Isla Chica desde 1957.

Estadio Nuevo Colombino
Nuevo Colombino Huelva.jpg
Datos
LocalizaciónHuelva, España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración8 de novembro de 2001
ArquitectoJoaquín Aramburu
Custo14 millóns
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións105 x 68
Capacidade21.670
PropietarioConcello de Huelva
LocalíaRecreativo de Huelva
Eventos
Partidos internacionais amigables

HistoriaEditar

O estadio foi proxectado polo arquitecto onubense Joaquín Aramburu cun orzamento de 14 millóns de euros e a cargo da empresa AZAGRA. Está situado na marxe da ría de Huelva, na actual Avenida do Decano (anteriormente Avenida de Francisco Montenegro). Foi deseñado para revitalizar a zona do porto coñecida como Barriada de Pescadería e para ofrecer ao seu titular, o Recreativo de Huelva, un estadio moderno e funcional acorde coas expectativas deportivas sobre o club. Dáse a casualidade que eses terreos foron os mesmos nos que se comezou a xogar ao fútbol na cidade alá polo século XIX.

 
Vista desde a Ría de Huelva
 
Vista da tribuna desde a praza principal.

A súa capacidade é de 21.670 espectadores sentados, incluíndo así mesmo trinta e dous palcos privados e setenta e dúas prazas en cabinas de prensa, sala de prensa de 110 metros cadrados, ximnasio de 226 metros cadrados e grandes vestiarios. Destaca nesta construción a súa tribuna principal, á que se accede desde o exterior a través dunha praza alta con vistas á ría e na que se atopan os despachos de billetes, a tenda oficial e un restaurante. No interior esta tribuna aparece cuberta por unha visera que cobre tanto a parte media como a alta. Na actualidade está en marcha un proxecto de ampliación do novo estadio, obra proxectada polo arquitecto Joaquín Aramburu e Francisco Botella, que permitirá que o campo conte con 5.000 novas localidades, pasando de 21.670 espectadores a 26.670.

InauguraciónEditar

 
A tribuna, dando as costas á ría de Huelva, dispón na súa traseira dunha praza de lecer.

O Nuevo Colombino foi inaugurado oficialmente o 8 de novembro de 2001 nun partido entre o Recreativo de Huelva e o Newcastle inglés, no que o equipo onubense venceu por tres goles a cero, dous de Pavón e outro de Canterla. Poucos días despois a selección española xogou un partido amigable ante a de México dirixida por Javier Aguirre, á que venceu por un gol a cero, obra de Raúl. O primeiro partido oficial de liga xogouse o día 6 de xaneiro dese ano (xusto 71 anos logo da apertura do primeiro estadio recreativista, o Velódromo).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar