A Ría de Huelva é un estuario que se atopa ao sur da provincia de Huelva, esténdese entre as localidades de Huelva, Punta Umbría e Palos de la Frontera, formado pola confluencia dos ríos Odiel e Tinto e recibindo as augas diariamente do océano Atlántico.

Modelo:Xeografía físicaRía de Huelva
Imaxe
TipoEstuario Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Huelva, España Editar o valor en Wikidata
A ría ao seu paso por Punta Umbría poucos centos de metros antes da desembocadura.

Ás súas beiras atópase a cidade de Huelva, o Mosteiro de La Rábida de Palos de la Frontera, Punta Umbría, o Porto de Huelva e o Polo Químico. Dentro do medio natural son importantes as pequenas illas de Enmedio, Saltés, do Burro, Bacuta, da Liebre (catalogadas pola Xunta de Andalucía como Reservas integrais) que conforman a Paraxe Natural de Marismas do Odiel[1] e as distintas lagoas da zona. De importancia arqueolóxica foi o achado a principios dos anos 1920 nas súas augas do denominado "Depósito da Ría de Huelva" datado no 1.200 a.C.[2] con diferentes obxectos datados na idade de bronce ou nos anos 1970 de figurillas representado ás divindades sirias Reshef e Anath.

  1. Xunta de Andalucía (1984). "Lei 12/1984, de 19 de outubro, de declaración das Marismas do Odiel como Paraxe Natural e da Illa de Enmedio e a Marisma do Burro como Reservas Integrais." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2008. 
  2. Arte e historia. "Depósito de la ría.". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.