O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva, España, que desauga xunto co río Tinto no Océano Atlántico, logo de percorrer 150 km.

Río Odiel
Río Odiel.JPG
Vista do río Odiel na confluencia dun afluente
PaísEspaña
NacementoSerra de Aracena
Altitude660 msmn
Lonxitude150 km
Conca990 km2
DesembocaduraOcéano Atlántico
Andalusien Karte.png
O río Odiel localízase no oeste de Andalucía

PercorridoEditar

O Odiel nace na serra de Aracena, a uns 660 m de altura, ao sur da cidade homónima. O seu curso ten un sentido xeral norte-sur, mais moi sinuoso e desemboca conxuntamente co Tinto. A súa conca hídrica ocupa unha área de 990 km².

Río pertencente á conca atlántica, nace na Serra de Aracena e desemboca á altura da cidade de Huelva, confluíndo pouco despois co Tinto, para formar a denominada Ría de Huelva.

AfluentesEditar

O principal tributario do Odiel é o río Oraque que se lle une pola beira dereita. Outros afluentes, de curta lonxitude, son: Escalada, Meca, Olivargas, Santa Eulalia e El Villar.

Localidades que atravesaEditar

Aparte da cidade de Huelva, no tramo final do percurso, a única poboación de importancia nas súas beiras é Gibraleón.

ProtecciónEditar

A zona do nacemento do Odiel está incluída no Parque Nacional da Serra de Aracena e Picos de Pedroche. Na foz o río forma as Marismas do Odiel, que é unha reserva da biosfera, segundo declaración da UNESCO; aquí é unha zona de especial protección avícola, por canto se poden observar anátidos, flamengos, cullereiros etc.

NomeEditar

O nome presenta, polo menos na súa primeira parte, a evolución do árabe wadi "curso de auga", pero curiosamente cun resultado similar ao do portugués odi-, ode-, que vemos en nomes de ríos, como Odivelas, Odelouca, Odemira ou o alternante Odiana - Guadiana. É explicábel pola proximidade da bacía do río a Portugal. A segunda parte pode ser un elemento similar ao que se observa no nome do río Guadiela e o mesmo precitado Odivelas.