Estadio Benito Villamarín
O Estadio Benito Villamarín é un estadio de fútbol da cidade de Sevilla, España, onde xoga os seus partidos como local o Real Betis. É o segundo estadio en capacidade da cidade tras o Estadio de La Cartuja.
Estadio Benito Villamarín | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 37°21′23″N 5°58′54″O / 37.356403, -5.981611 |
Localización | Sevilla, España |
Construción | |
Inauguración | 1929 (Estadio Benito Villamarín) 1 de xaneiro de 2000 (Estadio Manuel Ruiz de Lopera) |
Arquitecto | Antonio González Cordón Manuel López Ruiz |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 56.432 |
Propietario | Real Betis |
Operadora | Real Betis Balompié |
Localía | Real Betis |
Web | http://www.realbetisbalompie.es/estadio |
Eventos | |
Mundial de Fútbol España 1982 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leva o seu nome en honra do ourensán Benito Villamarín, un dos presidentes do club, segundo votación realizada polos abonados en outubro de 2010[1], en substitución do nome Manuel Ruiz de Lopera que levaba dende o ano 2000, recuperando así o seu nome orixinal.
Historia
editarO Sevilla Balompié, precursor do Real Betis Balompié xogaba inicialmente no Prado de San Sebastián. En 1920, comeza a xogar no campo do Real Patronato Obrero. A partir do 17 de marzo de 1929 comeza a xogar no Estadio de Heliópolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. As máis importantes modificacións foron: A construción dos goles Norte e Sur no ano 1958. Posteriormente, volveuse a construír os goles Norte e Sur entre os anos 1971 e 1973. Construción da Tribuna de Beiril 1975. e construción da Tribuna de Fondo en 1979. A construción da Tribuna de Preferencia en 1981 e a construción do 1er Anfiteatro da bancada de preferencia en 1982. Queda o estadio, cunha capacidade de 45.000 espectadores, 27.000 deles sentados. Nel xóganse partidos do Mundial de España'82 e o famoso 12-1 de España a Malta que clasificou á selección española para a fase final da 1984.
Nova denominación
editarO 16 de outubro de 2010, fixéronse públicos os resultados da votación realizada entre os abonados para determinar o novo nome do estadio. A participación foi do 30%. Unha minoría de 160 persoas votou por continuar co nome que levara os últimos anos Manuel Ruiz de Lopera. En cambio 6.107 (61,5%) optaron por que volvese á denominación anterior Benito Villamarín. A opción Heliópolis obtivo 2.786 votos (28%)[1].