Unión Deportiva Melilla
A Unión Deportiva Melilla é un club de fútbol de España, da cidade de Melilla. Foi fundado en 1943 e xoga no grupo 1 da Segunda División B de España.
Melilla | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Melilla | ||
Fundación | 1943 1976 (refundación) | ||
Estadio | Municipal Álvarez Claro, Melilla, España | ||
Inauguración | 1945 | ||
Capacidade | 12.000 | ||
Presidente | Francisco Molina Gálvez | ||
Adestrador | Óscar Cano Moreno | ||
Liga | 2ªB - Grupo 1 | ||
2011–12 | 5º | ||
Na rede | |||
http://www.udmelilla.es/ | |||
| |||
Historia
editarA Unión Deportiva Melilla, fundouse o 6 de febreiro de 1943 mediante a fusión de tres equipos da cidade: Melilla FC, Español e Juventud Deportiva. Na tempada 1949-50 o equipo ascende á Segunda División.
Na tempada seguinte perderon a vida tres integrantes do equipo cando se dirixían en autobús á cidade granadina de Loja, á disputa dun partido. Pouco despois o equipo desapareceu.
No ano 1976 fúndase a nova Unión Deportiva Melilla. Este equipo debuta na Segunda División B na tempada 1987-88. Actualmente milita no grupo IV desta categoría.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.
Estadio
editarO estadio do Melilla é o Estadio Municipal Álvarez Claro, fundado o 29 de setembro de 1945, con capacidade para 12.000 persoas. As súas dimensións son 106 x 65 metros.
Datos do club
editar(logo da refundación en 1976)
Xogadores
editarCadro 2009/10
editar
|
|
Palmarés
editar(logo da refundación en 1976)
- Segunda división B española (1): 1998-99
- Subcampión da Segunda División B (1): 1989-90
- Subcampión da Terceira División (1): 1978-79