O Céltiga Fútbol Club é o equipo de fútbol da Illa de Arousa, único de carácter insular de Galicia. Fundado en 1967, xoga na actualidade na Terceira División. O seu campo de fútbol é o Salvador Otero, cunha capacidade para 1.500 espectadores.
- Para a revista, véxase: Céltiga (revista).
Nos últimos trinta anos xogou sobre todo nas categorías do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional), pero tamén disputou 12 tempadas completas en Terceira, especialmente na década dos oitenta do século XX. Foron as tempadas 1980-81, 1983-89 e 2005-10. O seu mellor resultado foi na tempada 1984-85, cando quedou en quinta posición. Nunca xogou a promoción de ascenso a Segunda B.