Club Deportivo Choco
O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.
CD Choco | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Choco de Redondela | ||
Fundación | 1953 | ||
Estadio | Santa Mariña Redondela | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | Iván Crespo[1] | ||
Adestrador | David Pérez | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 1 | ||
2022–23 | 16º | ||
Vestimenta | Warrior | ||
Patrocinador | I.C.O.N | ||
Na rede | |||
http://cdchoco.es/ | |||
| |||
Na tempada 2023/24 participará na sexta categoría do fútbol estatal, militando na Preferente Galicia. Conta con arredor de 500 socios e disputa os seus enfrontamentos como local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición na Terceira División, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva.[2] Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.
A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo[3], reflexo da importancia da pesca nesta vila, na que se celebra desde 1987 a Festa do choco de Redondela, declarada en 2003 Festa de interese turístico de Galicia .
Historia
editarAntecedentes e fundación
editarO Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).
En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.
Redondela FC | 2 - 1 | Choco FC | 14 de abril de 1932 – Estadio de Santa Mariña, Redondela |
Informe |
|||
Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.
Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vólvese formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amigábeis de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.
Década dos 60: a Terceira División
editarApós disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tampada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.
Anos 80 e 90
editarNa tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tampada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.
Século XXI: novo ascenso á Terceira División
editarDurante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional.[1] Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros.[1] En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco. Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos estremeños cun resultado global de 3-5.
CD Choco | 0 - 3 | Extremadura UD | 24 de maio de 2015, 21:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela Asistencia: 2.000 Árbitro: Pérez Fernández ( Castela e León) |
Informe |
Pozo 39' Willy 65' Willy 71' | ||
Extremadura UD | 2 - 3 | CD Choco | 31 de maio de 2015, 17:00 – Estadio Francisco de la Hera, Almendralexo Asistencia: 38.000 Árbitro: Barba Ibáñez ( Andalucía) |
Juanito de la Cruz 5' Juanjo 54' |
Informe |
Hugo 10' Silva 48' (penalti) Rubén 70' | |
Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.[4]
CD Choco | 2 - 1 | CD Badajoz | 23 de maio de 2016, 17:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela Asistencia: 1.400 Árbitro: Pelaez Fernández ( Asturias) |
Comis 28' Fer 61' |
Informe |
Carreño 50' (penalti) | |
CD Badajoz | - | CD Choco | Badaxoz |
Uniforme e cores
editarO CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distrubución nacional en Redondela.
A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor da primeira equipación do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio de Santa Mariña.
O actual estadio do CD Choco é o Campo Municipal de Santa Mariña. Está situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tamén xogan e adestran os seus equipos de categorías inferiores. Está constituído por herba sintética, e accédese a el a través da Rúa ao Campo de Fútbol, desde a estrada N-550.
Conta cun campo principal con capacidade para 1000 espectadores. En 2015 instaláronse novas bancadas e habilitáronse accesos para persoas discapacidatas, cun elevador para chegar aos asentos máis altas.[5]
Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constituído foi substituída por herba artificial[6]. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e só se empregan para adestramentos ou partidos de fútbol 7.
Aínda que non se ten constancia exacta da data da súa construción, sábese que se deseñou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en redondela desde 1944 até 1952. A construción do estadio fíxose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemnte empregando padiolas e carros de cabalos.[7] Ao estar situado nunha marisma, existen testemuñas de anegamento do campo cando se producían mareas vivas.[8]
Datos do club
editar- Tempadas en Primeira división: 0
- Tempadas en Segunda división: 0
- Tempadas en Segunda división B: 0
- Tempadas en Terceira división: 9 (incluída a tempada 2015/16).
- Tempadas en Preferente Autonómica: 34
- Tempadas en 1ª Rexional: 15
- Tempadas en 2ª Rexional: 3
- Maior número de goles nunha tempada: 100 (1994/95)
Historial nas competicións
editar
|
|
|
Xogadores
editarCadro 2015/16
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Actualizado a 19 de outubro de 2015.
Xogadores de éxito
editarAdestradores
editar
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Campionato Galego de Afeccionados (3): 1956–57, 1957–58 e 1962–63.
- Preferente de Galicia (3): 1953–57, 1962–63 e 1967–68.
- Primeira Autonómica (2): 1977–78 e 2002–03.
- Segunda Autonómica (1): 1995–96.
- Copa Deputación (4): 2014-15, 2015-15, 2015-16, 2016-17.
Outros torneos
editar- Campión "Banco de Bilbao" de Ponteareas: 3 (I, III e V edicións).
Recoñecementos
editar- Antorcha de Prata concedida polo xornal Hoja del Lunes de Vigo recoñecendo o seu labor no desenvolvemento e enaltecemento do deporte.
Galería de imaxes
editar-
Categorías inferiores adestrando no campo anexo.
-
Estadio de Santa Mariña desde o exterior.
-
Celebración de gol dos xogadores do Choco.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Compostimes. (ed.). "CD Choco, creciendo desde la base.". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016.
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "Un Choco para a historia.". Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ López, Roberto. Badajoz Deportes, ed. "¿Por qué el CD Choco se llama así?". Consultado o 25 de maio de 2016.
- ↑ Castrillón, Carlos. Faro de Vigo, ed. "El Badajoz, primer rival del Choco en su camino hacia Segunda B.". Consultado o 24 de maio de 2016.
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "Redondela invertirá dos millones en el complejo deportivo.".
- ↑ Pinacho, Antonio. Faro de Vigo, ed. "Redondela inicia la remodelación de las instalaciones deportivas de Santa Mariña.". Consultado o 21 de maio de 2016.
- ↑ Migueles, J. Anecdotario redondelán., ed. "Futbol: Equipos". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016.
- ↑ Franco, Fernando. Faro de Vigo, ed. "Tenéis una cita con Kerouac.". Consultado o 21 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en ceroacero.es(en castelán)
- "Campo de xogo do Choco". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2013.(en castelán)
- Estatísticas en futbolme.com