Jacobo Montes
Jacobo Montes Couñago, nado en Redondela o 20 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.
Jacobo Montes | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jacobo Montes Couñago | ||
Nacemento | 1977 | ||
Lugar de nacemento | Redondela | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Arcade | |||
Adestrador | |||
2009–2011 | Arcade | ||
2011–2015 | Choco | ||
2015–2016 | Alondras | ||
2018–2019 | Coruxo | ||
2019–2020 | Celta de Vigo B | ||
2020–2021 | Guijuelo | ||
2021–2023 | Coruxo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol dende neno no Choco da súa vila natal, e xogou co primeiro equipo, chegando a coincidir co seu irmán Marcos.[1] Pechou a súa carreira como futbolista no Arcade, onde tivo como adestrador a seu irmán.[1]
Comezou a súa carreira como adestrador no Arcade, ao que dirixiu dous anos en Primeira Autonómica, antes de converterse no 2011 no adestrador do Choco en Preferente. Adestrou durante catro anos o club de Redondela, conseguindo o ascenso á Terceira División na tempada 2012/13, e levando o equipo a disputar a primeira fase de ascenso a Segunda B da súa historia na campaña 2014/15.[2] Deixou o equipo en xuño de 2015, sendo substituído polo seu irmán Marcos.[3]
Na tempada 2015/16 adestrou o Alondras, tamén en Terceira, mentres que na seguinte tempada os malos resultados fixeron que deixase o club en novembro.[4] Posteriormente traballou no Coruxo como segundo adestrador, collendo as rendas do equipo en maio de 2018, trala destitución de Rafa Sáez.[5] Conseguiu manter o equipo na Segunda B, superando na fase de permanencia ao Mérida.[6] Na seguinte tempada acadou o 10º posto.[7] Durante esta época comezou a traballar con el seu irmán Marcos, como segundo adestrador.
Na tempada 2019/20 dirixiu o Celta de Vigo B na Segunda B, pasando na seguinte ao Guijuelo, da mesma categoría. Foi destituído do club salmantino en febreiro de 2021,[8] e en decembro regresou ao Coruxo, na Segunda División RFEF, tralo cesamento de Gonza.[9]
Palmarés
editar- Choco
- Copa Deputación de Pontevedra (1): 2015.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Vázquez Fraga, Míriam (3 de setembro de 2014). "Destinados a reencontrarse". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes abandona el Choco "en lo más alto de la ola" para buscar "nuevos retos"". Faro de Vigo (en castelán). 9 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vázquez Fraga, Míriam (13 de xuño de 2015). "Marcos Montes: «Entendía que no era el momento, pero el club quería que fuera yo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes presenta su dimisión en el Alondras". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Coruxo inicia la era Jacobo Montes". Faro de Vigo (en castelán). 3 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Mérida desciende a Tercera". Marca (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes encabeza el nuevo proyecto del Celta B". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Guijuelo destituye a Jacobo Montes" (en castelán). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes regresa al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en LaPreferente.com (en castelán).