Gonzalo Fernández Álvarez

adestrador galego de fútbol

Gonzalo Fernández Álvarez, máis coñecido como Gonza, nado en Oia o 31 de agosto de 1987, é un adestrador de fútbol galego.

Modelo:BiografíaGonzalo Fernández Álvarez
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Oia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou as súas andanzas compaxinando o seu tempo na canteira celeste co cargo de adestrador da ED Val Miñor de Nigrán, que acabou abandonando para dedicarse en exclusiva aos cativos do Celta. No ano 2018 Gonza recadou no Choco, onde disputara a maioría da súa vida coma xogador ata a súa lesión na Copa Deputación e retirada.[1] Na súa última tempada co Choco levou o equipo á disputa dos playoffs a Segunda RFEF, perdendo 1-0 ante a UD Somozas.[2]

Gonza chegou ó Coruxo coma sucesor de Míchel Alonso na tempada 2021/2022 co obxectivo de loitar pola promoción a Primeira RFEF, mais deixou o equipo logo de trece xornadas.[3] Fichou entón polo Wuhan chinés.

Regresou á Terceira RFEF co Alondras CF na tempada 2023/2024.[4]

  1. "El Técnico Gonzalo Fernández, nuevo entrenador del CD Choco". [[1]] (en castelán). 8 de xullo 2018. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  2. "A eliminatoria aprazada entre o Somozas e o Choco xogarase o mércores". La Voz de Galicia. 6 de xuño 2021. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  3. "O Coruxo recorre á substitución no banco para endereitar o rumbo". La Voz de Galicia. 2 de decembro 2021. Consultado o 24 de Marzo de 2024. 
  4. "El Alondras ficha a Gonzalo Fernández". Faro de Vigo. 14 de xuño 2023. Consultado o 24 de Marzo de 2024.