Marcos Montes

adestrador de fútbol galego

Marcos Montes Couñago, nado en Redondela o 12 de agosto de 1975 é un adestrador de fútbol galego. É irmán do tamén adestrador Jacobo Montes, e dende 2021 é o seu segundo adestrador no Coruxo, da Segunda División RFEF.

Marcos Montes
Información persoal
Nome Marcos Montes Couñago
Nacemento 12 de agosto de 1975 (48 anos)
Lugar de nacemento Redondela
Carreira xuvenil
Choco
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Choco
Adestrador
Choco (xuv.)
Arcade
Moaña
2012–2013 Gondomar
2013–2015 Valladares
2015–2018 Choco
2018–2019 Coruxo (2º ad.)
2019–2020 Celta de Vigo B (2º ad.)
2020–2021 Guijuelo (2º ad.)
2021– Coruxo (2º ad.)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista xogou no Choco da súa vila natal, ata que se retirou tras unha grave lesión.[1][2] Comezou a súa carreira como adestrador nos xuvenís do Choco, pasando logo polo Arcade, o Moaña, o Gondomar e o Valladares.[2]

En 2015 comezou a adestrar o primeiro equipo do CD Choco, na Terceira División, substituíndo ao técnico que até ese momento estaba ao cargo, o seu irmán Jacobo Montes.[3] Na súa primeira campaña á fronte do club de Redondela, clasificouse para a promoción de ascenso a Segunda B, pero foi eliminado polo Deportivo Aragón.[4] Dirixiu o club ata 2018, proclamándose campión tres veces consecutivas da Copa Deputación de Pontevedra.[5][6]

Dende 2018 traballou como segundo adestrador de seu irmán Jacobo no Coruxo, Celta de Vigo B e Guijuelo.[7]

Palmarés editar

Choco

Notas editar

  1. "Marcos Montes: “Es cierto que los entrenadores somos, en ocasiones, solo números”". La Crónica de Salamanca (en castelán). 8 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Vázquez Fraga, Míriam (3 de setembro de 2014). "Destinados a reencontrarse". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. Vázquez Fraga, Míriam (13 de xuño de 2015). "Marcos Montes: «Entendía que no era el momento, pero el club quería que fuera yo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  4. "Acaba el sueño de Deportivo B y Choco". El Progreso (en castelán). 13 de xuño de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  5. "El Club Deportivo Choco campeón de la Copa Diputación masculina de fútbol" (en castelán). 9 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. [Ligazón morta]
  6. "Choco, Marcos Montes deja el cargo de entrenador" (en castelán). 13 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  7. Castro, Xosé Ramón (14 de xuño de 2018). "Pacto de sangre en el banquillo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar