Festa do choco de Redondela

festa gastronómica de Redondela
(Redirección desde «Festa do Choco»)

A Festa do Choco é unha festa gastronómica anual celebrada no concello de Redondela, dende 1987,[1] a segunda fin de semana de maio.[2] Foi declarada Festa de interese turístico de Galicia no ano 2013.[2]

Pregón, a cargo de Teté Delgado.
Empanadas de Choco.

Descrición

editar

Celébrase nesa época por mor do aumento da pesca na Enseada de San Simón do choco, cefalópodo que, capturado con artes de pesca tradicionais (como as nasas), alcanza a súa máxima cota no mes de abril.

 
Arroz negro con chocos, empanada de choco de trigo e chocos á prancha con vinagreta de froitos secos.

Ademais da degustación, faise un concurso gastronómico con catro modalidades: a mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.[3] Exemplos de pratos que se serven na festa son os chocos con ou sen a súa tinta, con ou sen arroz, con ou sen patacas, chocos á prancha con cachelos, empanadillas de choco, empanada de choco de millo, empanada de choco de trigo, empanada de grelos con choco, fabada de choco, guiso de chocos, fideuá de chocos con ameixas, chocos á prancha con vinagreta de froitos secos...

Os dous días de festa hai alborada, actuación da banda municipal, verbena, pasacalles e charanga. Entre as actividades paralelas, desenvólvese o Chococlásico, unha exhibición de automóbiles antigos.

Galería de imaxes

editar
 
 
Carpa na XXIX Festa do Choco, no ano 2015.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar