MG é unha marca de automóbiles, creada polo fabricante británico de coches deportivos do mesmo nome, fundada en 1924. Na primavera do 2005 a produción MG cesou cando os propietarios da marca, MG Rover, caeu na bancarrota. A principios do 2007, os novos propietarios da marca, Nanjing Automobile Group, retomaron a produción dos MGs na planta de Longbridge, que tamén adquiriran cando absorberan a MG Rover, e noutra planta na China.

MG
Logo
Tipofabricante de automóbiles
Data de fundación1924
Data de disolución1972
Fundador(es)William Morris
SedeOxford
PaísReino Unido
editar datos en Wikidata ]
MGB Roadster en Vigo.
MG TF no Chococlásico 2015, na XXIX Festa do Choco de Redondela.

MG son as siglas correspondentes a "Morris Garages", un vendedor dos coches Morris en Oxford quen comezou a producir as súas propias versións personalizadas a partir dos deseños de Cecil Kimber, quen se uniu á compañía como xefe de vendas en 1921, ascendendo a Director Xeral en 1922. Kimber seguiu sendo Director Xeral ata 1941, a causa das súas diferenzas con Lord Nuffield acerca da busca de traballo en tempos de guerra. Kimber morreu no ano 1945 nun estraño accidente ferroviario. En 1952, coa fusión con BMC, o que fora director de mantemento durante moito tempo, John Thornley, pasou a ser Director Xeral, guiando a compañía a través dos seus mellores anos ata a súa xubilación en 1969.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar