Alborada (música)

composición musical

A alborada é unha peza instrumental de orixe popular interpretada, casa por casa, polos grupos de gaiteiros no albor dos días das festas dos pobos.[1]

Alborada (música)
Grupo de gaiteiros dando a alborada.
Alborada de Rosalía de Castro.
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosGaita
Tambor

Características

editar

As alboradas son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que empregan a gaita como instrumento principal. Tócanas tradicionalmente os gaiteiros, no abrente dos días das festas patronais, mentres percorren a localidade casa por casa para dar aviso do comezo das celebracións da xornada. É un xénero musical similar a outras pezas ideadas para o desfile, como as marchas e as ruadas.

No derradeiro terzo do XIX, na época do Rexurdimento da cultura galega, diversos compositores de música culta valéronse destas músicas populares como inspiración para as súas obras. Popularizáronse así moitas alboradas como a Alborada de Verín, a Alborada de Poio, a Alborada de Inzenga ou a Alborada galega[2] de Pascual Veiga unha das pezas galegas de maior simbolismo identitario.[3]

  1. Camafeita, Olga (2010). "Alborada". A música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657. 
  2. Consello da Cultura Galega. "Colección de lousas". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-09-08. 
  3. Gago Mariño, Manuel. "Cal é a orixe dos centros galegos na emigración?". www.crtvg.es. Consultado o 2021-09-08. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar