Sporting Celanova

O Sporting Celanova é un equipo de fútbol galego, baseado no concello de Celanova. Actualmente xoga no grupo IV da Primeira Autonómica.

Sporting Celanova
NomeSporting Celanova
Fundación1969
EstadioSan Rosendo
PresidenteGalicia Manuel Recarey García
AdestradorGalicia Miguel Ángel Mociño Freire
LigaPrimeira Autonómica
2015–1615º (Primeira Galicia)
PatrocinadorGrupo Antolín
Na casa

HistoriaEditar

Foi fundado en 1969 por unha directiva encabezada por Cesáreo Moreiras. Dende aquela, o club celanovés xogou fundamentalmente nas divisións autonómicas, ben en Preferente, ben en Primeira Autonómica. Con todo, na tempada 1975/76 consegue o seu primeiro e único ascenso á Terceira División, onde disputaría dúas tempadas. Nesa época, clasificouse para xogar a Copa do Rei de fútbol, onde lle tocou co equipo catalán do CE Olimpic Malgrat, e na que saíu derrotado[1].

Os seus títulos máis importantes foron as vitorias nos trofeos provincial da Copa Deputación de Fútbol no ano 1970 (daquela chamada Copa Orense) e no ano 1999, ao derrotar o desaparecido Bentraces.

HistorialEditar


  • Tempada 1969–70: Campionato Comarcal de Ourense: clasificado? Copa Deputación A: campión.
  • Tempada 1970–71: Campionato Comarcal de Ourense: clasificado? Ascende? Campionato Galego de Aficionados: finalista.
  • Tempada 1971–72: Serie A Rexional. 8º clasificado.
  • Tempada 1972–73: Serie A Rexional. 12º clasificado.
  • Tempada 1973–74: Serie A Rexional. 8º clasificado.
  • Tempada 1974–75: Serie A Rexional. 6º clasificado.
  • Tempada 1975–76: Serie A Rexional. 16º clasificado.
  • Tempada 1976–77: Serie A Rexional. 2º clasificado. Ascende por Reestruturación da División Superior.
  • Tempada 1977–78: Terceira División Nacional. Grupo I Interrexional. 18º clasificado.
  • Tempada 1978–79: Terceira División Nacional. Grupo I Interautonómico. 20º clasificado. Descende. Copa de España. Eliminado en 1/128 de final.
  • Tempada 1979–80: División Preferente Autonómica. 14º clasificado.
  • Tempada 1980–81: División Preferente Autonómica. 9º clasificado.
  • Tempada 1981–82: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 15º clasificado.
  • Tempada 1982–83: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 12º clasificado.
  • Tempada 1983–84: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 18º clasificado.
  • Tempada 1984–85: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 16º clasificado.
  • Tempada 1985–86: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 6º clasificado.
  • Tempada 1986–87: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 15º clasificado.
  • Tempada 1987–88: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 20º clasificado. Descende.
  • Tempada 1988–89: Primeira División Autonómica. Grupo IV. Campión. Ascende.
  • Tempada 1989–90: División Preferente Autonómica. 20º clasificado. Descende.
  • Tempada 1990–91: Primeira División Autonómica. Grupo IV. 16º clasificado. Descende.
  • Tempada 1991–92: Segunda División Autonómica. Grupo XII. 2º clasificado. Ascende.
  • Tempada 1992–93: Primeira División Autonómica. Grupo III. 6º clasificado.
  • Tempada 1993–94: Primeira División Autonómica. Grupo III. 11º clasificado.
  • Tempada 1994–95: Primeira División Autonómica. Grupo III. 7º clasificado. Copa Deputación A. Finalista.
  • Tempada 1995–96: Primeira División Autonómica. Grupo III. Campión. Ascende.
  • Tempada 1996–97: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 12º clasificado.
  • Tempada 1997–98: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 17º clasificado. Descende.
  • Tempada 1998–99: Primeira División Autonómica. Grupo III. 6º clasificado. Copa Deputación A. Campión.
  • Tempada 1999–2000: Primeira División Autonómica. Grupo III. 2º clasificado. Ascende.
  • Tempada 2000–01: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 12º clasificado.
  • Tempada 2001–02: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 11º clasificado.
  • Tempada 2002–03: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 7º clasificado.
  • Tempada 2003–04: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 8º clasificado. Copa Diputación A. Finalista.
  • Tempada 2004–05: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 12º clasificado.
  • Tempada 2005–06: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 4º clasificado.
  • Tempada 2006–07: División Preferente Autonómica. Grupo Sur. 19º clasificado. Descende.
Tempada División Posto
2007/08 1ª Autonómica  
2008/09 Preferente 12º
2009/10 Preferente 16º  
2010/11 1ª Autonómica  
2011/12 Preferente 17º  
Tempada División Posto
2012/13 1ª Autonómica 13º
2013/14 1ª Autonómica 13º
2014/15 1ª Autonómica 10º
2015/16 1ª Autonómica 14º
2016/17 1ª Autonómica

PalmaresEditar

Primeira División Autonómica (3) 1988-89, 1995-96, 2010-11

Copa Deputación de Ourense A (2) 1970, 1999

NotasEditar

  1. Sporting Celanova, Foto Fútbol Ourense, 20/8/2008

Véxase taménEditar