Manuel Recarey García
Manuel Recarey García nado o 13 de marzo de 1955 en Val do Dubra[1], é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1955 (69 anos) Val do Dubra, España |
Datos persoais | |
Residencia | Celanova |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Casado en Celanova. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de Centristas de Galicia no concello de Lobeira, trala inhabilitación temporal de Emilio Higuero Cardoso, e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada trala abstención do único concelleiro do PPdeG. A finais de 1991 Centristas integrouse no PPdeG, polo que pasou a formar parte deste partido. Foi alcalde ata as municipais de 1995.
Formou parte da candidatura do PPdeG en Celanova como número 8 nas municipais de 2007 e 2011, se ben non resultou elixido. A dimisión do exalcalde Antonio Mouriño Villar en xaneiro de 2013 levouno a ocupa-lo posto de concelleiro[2], manténdose ata 2015. Durante a esta etapa no PP celanovés era presidente do Sporting Celanova[3].
Predecesor: Emilio Higuero Cardoso |
Alcalde de Lobeira 1991 - 1995 |
Sucesor: Emilio Higuero Cardoso |
Vida persoal editar
Casado coa celanovesa Alejandra Sousa, tivo 2 fillas e 1 fillo.