Antonio Mouriño Villar

político galego

Antonio Mouriño Villar, nado na Buratiña (Celanova) o 12 de xuño de 1954, é un político galego vinculado ao PPdeG.

Antonio Mouriño Villar
Nacemento12 de xuño de 1954
Lugar de nacementoA Buratiña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Administrativo en Celanova, Nas eleccións municipais de 1987 foi candidato de AP-CdG, como representante de Centristas de Galicia. Unha dimisión en 1989 permitiulle ser concelleiro na oposición por Centristas de Galicia,[1] partido político que se acabaría integrando no PPdeG. Nas municipais de 1991 o PPdeG de Celanova, encabezado por Ricardo Mínguez Abajo obtivo 5 concelleiros e Centristas de Galicia liderado polo propio Mouriño outros cinco, sendo o máis votado, conseguiu unha maioría relativa que lle permitiu gobernar durante toda a lexislatura. A finais de 1991 Centristas de Galicia integrouse no PPdeG. Finalmente nas municipais de 1995, o partido de Antonio Mouriño conseguiu a maioría absoluta,[2] situación que se reproduciu nas seguintes eleccións municipais de 1999, 2003, 2007 e 2011. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións autonómicas dese ano e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, onde permaneceu ata 2016. En febreiro de 2023 foi expulsado do PPdeG acusado de pedi-lo voto para o alcalde independente Antonio Puga[3].

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Manuel Gómez Rojo
  
Alcalde de Celanova
 
1991 - 2012
Sucesor:
José Luis Ferro