O Mondariz Fútbol Club foi fundado en 1920, e competiu na Primeira División de Campionato Comarcal de Zonas de Peinador. Acadou unha liga e unha copa, ata que en 1960 se retirou da competición. Regresou na tempada 1968, e comezou a alternar nas distintas divisións rexionais e a participación en sete campionatos galegos de afeccionados. Na tempada 2011-12 acadou o ascenso a Rexional Preferente.
- Segunda División Regional.(1) 1991-1992.
- Terceira División Regional.(1) 1989-1990.
- Primeira División de Campionato Comarcal de Zonas (3) Vigo 1968 , 1971; Peinador 1955.
- Segunda División de Campionato Comarcal de Vigo. (1) 1972 – 1973.
- Copa de Zonas.(1) 1958.