Illas Estelas
- Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas.
As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]
Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Panxón, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 729,44984 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348795 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1140012 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2004 | |||
Xeografía e xeoloxía
editarO arquipélago está formado por dúas illas principais: a Estela de Dentro, de 29 metros de altitude e 9,6 hectáreas, e a Estela de Fóra con 20 metros de altitude e 7 hectáreas. Hai ademais un grupo de illotes chamados As Serralleiras, outros illotes menores e varios penedos. As dúas illas maiores son de aparencia achanzada
Fauna e flora
editarFlora
editarAs illas están rodeadas de arrecife. As illas son de rochedos con cubertas de breixos do litoral. Teñen algúns arbustos e árbores baixas de bosques mixtos.[1]
Fauna
editarNelas están presentes aves de interese como Sterna sandvicensis, Sterna hirundo, Chlidonias niger, e aves migratorias como Phalacrocorax carbo, Phalacrocorax carbo sinensis, a gaivota patiamarela Larus cachinnans.[1]
Arredor delas hai un banco marisqueiro.
Galería de imaxes
editar-
Illas Estelas desde Monteferro.
-
Illas Estelas desde Monteferro.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Illas Estelas". Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Estelas |