Monumento á mariña universal
O Monumento á mariña universal é un monumento adicado ós mariñeiros mortos no mar, situado no cumio da península de Monteferro, na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.
Descrición
editarEstá feito de bloques de granito e mide 25 metros de altura. Asemella forma de pirámide de chanzos, truncada, de planta cadrada. Conta con cheminea interior. Preto do cumio ten catro coroas de bronce. Diante, enriba da porta e da inscrición "SALVE REGINA MARIUM", unha figura da virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, co neno Xesús e sobre eles unha grande cruz de pedra. En cadansúa das outras caras mostra unha grande placa de mármore coas seguintes inscricións:
Cara norte:
LUCHA POR LA EXISTENCIA HALLARON EN EL MAR SU SEPULTURA. POR LOS QUE HAN PERECIDO LUCHANDO POR EL HONOR DE SU PATRIA O POR EL IDEAL. POR TANTAS TRAGEDIAS, EN FIN, SEPULTADAS EN EL FONDO DEL ATLANTICO. |
Cara leste:
DON ALFONSO XIII, POR EL PRESIDENTE DEL DIRECTORIO, EXCMO. SR. DON MIGUEL PRIMO DE RIVERA, CON ASISTENCIA DEL GENERAL EXCMO. SR. DON SEVERIANO MARTINEZ ANIDO, PRINCIPAL PROTECTOR, Y LA COOPERACIÓN DE LOS GENERALES EXCMOS. SRS. DON LUIS BERMUDEZ DE CASTRO, MINISTRO DE LA GUERRA Y DON ANGEL R. DEL BARRIO, GOBERNADOR MILITAR DE VIGO. LO BENDIJO EL ILMO. SR. DON MANUEL M.ª VIDAL BOULLÓN, OBISPO DE TUY. —MARMOLERÍA 'SOUSA', VIGO
|
Cara sur:
PARA QUE LOS NAVEGANTES, AL DIVISARLA, SIENTAN LA EMOCIÓN DE VERSE SALUDADOS POR ESPAÑA. QUE DE ESTE GRANITO EMANEN PERPETUAMENTE EFLUVIOS DE AMOR QUE CONFORTEN A LOS SOLITARIOS VIAJEROS DE LA ESPLENDIDA LLANURA DEL ATLÁNTICO |
Construción
editarÉ obra do arquitecto vigués Manuel Gómez Román. Foi construído por subscrición popular en 1913[1] e inaugurado en 1924 por Miguel Primo de Rivera.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Que visitar Arquivado 09 de abril de 2010 en Wayback Machine. en Nigrán.es
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento á mariña universal |
Bibliografía
editar- Bravo Pintos, Minia e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 (en castelán).
- Garrido Rodríguez, Jaime e outro, Manuel Gómez Román: Mestre da arquitectura galeguista, Xerais, 184 páx., 1995, ISBN 978-84-7507-875-5