Templo Votivo do Mar
O Templo Votivo do Mar é un templo católico adicado a San Xoán Bautista, tamén coñecido como igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. Situado na parroquia do mesmo nome pertencente ao concello de Nigrán.
Templo Votivo do Mar | |
---|---|
O Templo Votivo do Mar. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | San Xoán Bautista |
Localización | Panxón (Nigrán) |
Coordenadas | 42°08′44″N 8°49′24″O / 42.145667, -8.82331Coordenadas: 42°08′44″N 8°49′24″O / 42.145667, -8.82331 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | 1932-1937 |
Estilo | sen definición, con toques neogóticos, modernistas e de influencia mozárabe |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este edificio foi deseñado polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo autor de obras como o Palacio de Comunicacións de Madrid, o Teatro García Barbón de Vigo (hoxe Centro Cultural Afundación Vigo) ou a Virxe da Rocha en Baiona. A súa construción tivo lugar entre 1932 e 1937.
Estilo
editarO edificio de granito, tivo como inspiración o arco visigodo do século VII próximo ao templo. A igrexa, malia a súa orixe, ten tinguiduras góticas, influencia musulmá e toques modernistas, pero sempre tentando plasma-la arte galega, e coa fin de brindar esta obra a tódalas xentes do mar. Feita en parte con materiais reciclados, posúe contrafortes, arcos superpostos que barutan a luz e crean perspectivas, celosías de formigón. A cúpula central de ladrillo, nervada, seguindo o modelo de Armenteira e todo iso fundido coa época do arquitecto, cromatismo nos mosaicos e noutros elementos metálicos.
Reflíctese a tradición da cantaría galega irmandada coa paisaxe e a historia de Galicia: o megalítico, a época castrexa, o prerrománico e románico, os mosteiros mendicantes, os pazos barrocos. A torre semella un faro, ou torre defensiva que no seu remate proxecta a rosa dos ventos cos catro anxos custodios.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Templo Votivo do Mar |
Bibliografía
editar- Espinosa Rodríguez, J. (1957). Panjón. Templo Votivo de la Virgen del Mar.