Virxe da Rocha
Coordenadas: 42°07′16″N 8°51′31″O / 42.121005555556, -8.8586138888889
A Virxe da Rocha é unha escultura de pedra da Virxe María de 15 metros de altura con miradoiro ao que se accede polo interior da mesma, situada no monte Sansón ou monte de San Roque, a 100 m sobre o nivel do mar, nas Rías Baixas, no do concello pontevedrés de Baiona.[1]
Virxe da Rocha | |
---|---|
Virxe da Rocha | |
Presentación | |
Localización | Baiona |
Dirección | Monte de San Roque |
Tipo | Escultura |
Construción | |
Data da construción | 1910-1930 |
Equipo | |
Escultor | Antonio Palacios, Ángel García Díaz |
Historia
editarA idea da súa construción foi do enxeñeiro Laureano Salgado Rodríguez. A primeira pedra colocouse o 18 de setembro de 1910, colocándose sobre ela unha pequena caixa de cinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, ademais dunha copia da acta de tal acontecemento. Para recadar fondos para a construción, Mercedes de la Escalera organizou colectas por subscrición popular e a representación da obra La Virgen de la Roca: Apropósito lírico, con letra de Xosé María Barreiro e música do sacerdote Ángel Rodulfo,[3] en Baiona en setembro de 1910, noutras cidades galegas,[4] no Teatro Real de Madrid en 1911 (cedido polo empresario Luis Calleja Fernández)[5] e en América Latina. A execución da obra foi lenta debido ás dificultades económicas, inaugurándose o 14 de setembro de 1930.[6]
Descrición
editarMide 15 m de altura. A talla en pedra foi deseñada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, e a cara e as mans, que son de mármore branco, foron feitas polo escultor madrileño Ángel García Díaz, colaborador habitual de Palacios.[6] A coroa está rodeada dun nimbo de azulexos e pedra que descansa sobre os ombreiros. O interior do monumento é oco e ten unha escaleira de caracol, inicialmente de madeira e ferro, substituída despois por unha de pedra, obra do canteiro local Angelito Vernet,[7] que permite subir ó barco que a Virxe sostén na man dereita. Con capacidade para cinco persoas, serve de miradoiro cara ao océano Atlántico.[8]
A carón do monumento levantouse máis tarde o parque recreativo "Mercedes de la Escalera"[9][10] de gran superficie, dotado de viacrucis, restaurado en 2014, bancos e mesas de pedra, no que se celebra o último domingo de agosto a popular romaría dedicada á Virxe.[11]
Galería de imaxes
editar-
Inauguración das obras en 1910.[12]
-
Montaxe fotográfica do proxecto en 1911.
-
Detalle da cabeza.
-
Placa bilingüe.
-
Altar.
Notas
editar- ↑ "Virgen de la Roca" Deputación de Pontevedra.
- ↑ Bouzón Gallego, Avelino (26/5/2015). "Libro sobre la zarzuela La Virgen de la Roca"
- ↑ Barreiro 2015.
- ↑ Salgado Sáenz 2016.
- ↑ El Correo de Galicia: A. XII. n.º 3.040. 1/2/1911. p. 2.
- ↑ 6,0 6,1 Patrimonio cultural e etnográfico Concello de Baiona.
- ↑ Rey Lama, Luis Alberto (2015). Por la Baiona de antes (en castelán). pp. 96–170.
- ↑ Miradoiro turismo.gal.
- ↑ "Parque Mercedes de la Escalera" turismo.gal
- ↑ "Mercedes de la Escalera fue un mito" 8/5/2018. La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Baiona". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 260. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ Iglesias Veiga 2002.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virxe da Rocha |
Bibliografía
editar- Barreiro, José María (2015). Jurado, Javier; Reinero, María, eds. La Virgen de la Roca: Apropósito lírico-dramático en un acto y tres cuadros (en castelán). ISBN 978-84-617-3643-0.
- Iglesias Veiga, Xosé Ramón (2002). "A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios". Revista de Estudos Miñoranos (en castelán) (IEM) (2). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- Salgado Sáenz, Luis María (2016). "La Virgen de la Roca, Baiona: el arquitecto Antonio Palacios. Funciones para la recaudación de fondos con los cuales sufragar la construcción del monumento celebradas en el Teatro Real de Madrid, en el Teatro Principal de Santiago, al aire libre en el Parque-Jardín de Caldas, en la Pastora-Vigo, en el Teatro Varietés de Vilagarcía, en Las Cabañas-Vigo. Numerosa participación, Castelao entre otros". Caldas de Reis: los hermanos Salgado y M. Murguía (en castelán). pp. 423–453.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Virxe da Rocha turismo.gal. Xunta de Galicia.