Canteiro, canteira

persoa que labra a pedra para o seu uso na construción
(Redirixido desde «Canteiro»)

Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.

Un canteiro traballando na pedra

CaracterísticasEditar

Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas polos prexuízos sociais, sendo as veces recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas. Posuían ademais un cantar característico, o Cantar de Canteiro, que entoaban mentres traballaban acompañados das súas ferramentas.[1]

Na literatura popular quedan abondosas mostras da sona dos canteiros:

  • Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
  • En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
  • Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.
  • Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra [2]
  • Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña [3]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Carpintero Arias, Pablo. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Ciceis dos canteiros". Consello da Cultura. Consultado o 2022-08-22. 
  2. RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, 457-507, px. 502.
  3. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972, px. 49.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. A Coruña 1913-1928.