Proverbio

Proverbio (procedente do latín proverbium) ou refrán é un enunciado sentencioso curto tirado da sabedoría popular. Sinónimos de proverbio son refrán, adaxio, máxima, sentenza, aforismo, dito, paremia e apotegma. O estudo dos proverbios denomínase paremioloxía.

Proverbio chino: Bing feng san chi, jue fei yi ri zhi han. Tres palmos de xeo non se fan nun día de inverno.

Os refráns son sentenzas, habitualmente, anónimas. Porén, moitas expresións literarias e doutras culturas tamén pasaron a formar parte do refraneiro popular. Moitas son observacións acuñadas pola experiencia colectiva ao longo do tempo, con temas que van desde a meteoroloxía ata o destino invariable e fatalista de existencia. Constitúen a bagaxe cultural do pobo en tempos nos que a tradición oral pasaba a sabedoría popular dunha xeración a outra.

A súa estrutura adoita ser pareada e recorren tanto á rima como a figuras literarias (antítese, elipse ou paralelismo) para facilitar o seu perpetuación oral.

Miguel de Cervantes, en Don Quixote da Mancha, define o que é un refrán: "los refranes son sentencias breves, sacadas de la experiencia y especulación de nuestros antiguos sabios". Seguirá dicindo Don Quixote sobre a utilidade dos refráns: "cualquiera de los que has dicho [, Sancho,] basta para dar a entender tu pensamiento" (Segunda parte, capítulo LXVII).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar