Juan Antonio Saco y Arce

relixioso, escritor e lingüista galego

Juan Antonio Saco y Arce, nado no Outeiro (Alongos, Toén) o 8 de marzo de 1835 e finado en Ourense o 14 de setembro de 1881, foi un escritor e lingüista, autor da primeira Gramática da lingua galega.

Infotaula de personaJuan Antonio Saco y Arce

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1835 Editar o valor en Wikidata
O Outeiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras e Teoloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , lingüista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, poesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX985326 BUSC: saco-y-arce-juan-antonio-1835-1881

Traxectoria

editar

Fillo de José María Saco y Noguerol e de Juana Justa de Arce y Burriel, e neto de Juan Antonio Saco y Taboada e María Noguerol, e de José María de Arce Calderón de la Barca e María Salomé Burriel. Fixo estudos no Seminario de Ourense, e posteriormente estudou Filosofía e Letras e Teoloxía en Santiago de Compostela. Exerceu a cátedra de lingua grega nos institutos de bacharelato de Pontevedra, Ourense, e logo de Castelló de la Plana. No ano 1863 tomou posesión da praza da mesma materia no Instituto de Ourense, onde exercería como profesor de grego e logo de Retórica e Poética.[1]

Coa chegada da Gloriosa Revolución, Saco tivo dificultades, pois negouse a xurar a nova constitución, a primeira realmente democrática en España, feito que o levou a ser separado da súa cátedra. Mais durante a Primeira República, en 1873, Saco foi reincorporado ao corpo de profesores do bacharelato. Morreu oito anos despois.

 
Gramática Gallega (en PDF).

En 1868 publicou en Lugo a primeira gramática da lingua galega. Certo, que catro anos antes, un aínda hoxe descoñecido Francisco Mirás, publicara en Santiago, o titulado Compendio de Gramática Galega-Castellana, mais dada a súa escasa calidade e o carácter rotundamente incompleto, mal se podería cualificar de primeira gramática do galego, se non fose compasivamente.

Saco cultivou tamén a poesía, publicando en 1878, en Ourense, Poesías, volume de algo máis de 400 páxinas, das que só nove poesías están redactadas en galego, e a maioría en castelán. Seis delas son poesías de creación, e tres traducións do latín; todas de carácter relixioso.[2] O tema resultaba novo dentro da literatura galega.

Fóra desas dúas obras, publicou un curto artigo Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, nun xornal ourensán, en 1876.

Tivo un grande interese pola literatura popular, botando man dela a fin de ilustrar determinadas pasaxes da súa gramática galega, así como tamén tirou proveito dunha boa escolma de refráns a modo de apéndice. No ano 1881, o do seu pasamento, comezou a publicar algúns dos materiais que recollera baixo o título de Literatura Popular de Galicia, obra que ficou interrompida. Algúns dos materiais recollidos apareceron, de xeito disperso, no Cancionero popular gallego de José Pérez Ballesteros, co que debeu manter amizade, xa que de novo en 1878, prologoulle os Versos en dialecto gallego. Parte do material que permanecía inédito foi logo publicado no Boletín da Comisión de Monumentos da Provincia de Ourense entre 1910 e 1929, e algo máis no ano 1939.

Publicacións

editar
Libros
  • Gramática gallega. Lugo. Imprenta de Manuel Soto Freire. Lugo. 1868.
  • Poesías. Ourense. Imprenta de Gregorio Rionegro Lozano. 1878.
Artigos
  • Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, no xornal El Heraldo Gallego; Ourense, xaneiro de 1876.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar