Pedro Benavente
veterinario e investigador galego
Pedro Ignacio Benavente Jareño, nado en Sabiñánigo (provincia de Huesca) o 31 de xullo de 1950, é un veterinario e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1950 (74 anos) Sabiñánigo, España |
Residencia | O Grove |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, veterinario, wikimedista |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Veterinaria pola Universidade de Oviedo. Radicado no Grove, foi inspector de Saúde Pública na zona de Pontevedra até a súa xubilación.
Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega.[1] É editor habitual na Galipedia desde 2007.
Obra colectiva
editar- Con Xesús Ferro Ruibal. Refraneiro galego da vaca, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 1994.[2]
- Con Benxamín Dosil López, Guía de alimentación, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995, ISBN 84-453-1301-0.[3]
- Coordinador con María Camiño Noia Campos e Xosé María Gómez Clemente, Diccionario de sinónimos da lingua galega, Editorial Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-134-5.[4]
- Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector hostelería. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos de restauración, Editorial Ideaspropias, Pontevedra, 2006, ISBN 978-84-9839-059-9 (e 978-84-9839-293-7 a versión electrónica).[5]
- Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas, Editorial Ideaspropias, 2006, ISBN 978-84-9839-058-2 (e 978-84-9839-367-5 a versión electrónica).[6]
- Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos (2ª edición). La importancia de la higiene en la elaboración y servicio de comidas, Editorial Ideaspropias, 2007, ISBN 0061980119.[7]
- Con Xesús Ferro Ruibal. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9.[8][9][10][11]
Recoñecementos
editar- Premio Lois Peña Novo (1997)
- En 2011 recibiu o I Premio Anual da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia[12].
- En 2012 recibiu o Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura[13].
Notas
editar- ↑ "Créditos do Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2012.
- ↑ Refraneiro galego da vaca Arquivado 29 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Guía de alimentación". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ Vista previa en Google books
- ↑ "Manipulador de alimentos en el sector hostelería. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos de restauración". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ LaLibreriadelaU.com[Ligazón morta]
- ↑ O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún
- ↑ A lingua da vaca, Culturagalega.org.
- ↑ Feijóo destaca O libro da Vaca como un tesouro lingüístico, GaliciaDigital.com
- ↑ "O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Inaugurado el nuevo curso académico" Arquivado 09 de setembro de 2013 en Wayback Machine., artigo na web da ACVG, novembro de 2011.
- ↑ "Un aragonés residente no Grove gana o III Premio 'Rosalía de Castro' de Lingua e Cultura", artigo no Diario de Pontevedra, 9 de maio de 2012.