Sabiñánigo

Municipio de Huesca (España)

Sabiñánigo (Samianigo en aragonés) é un municipio da provincia de Huesca, Aragón, España, capital da comarca de Alto Gállego situado a unha altitude de 780 metros e a 52 quilómetros da capital provincial. Anteriormente á comarca na que estaba enmarcado Sabiñánigo coñecíalla como "Serrablo" polo que aos habitantes desta localidade tamén se lles coñece como serrableses.

Modelo:Xeografía políticaSabiñánigo
Sabiñánigo (es)
Samianigo (an) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°31′07″N 0°21′51″O / 42.5186, -0.3643
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSabiñánigo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.423 (2023) Editar o valor en Wikidata (16,06 hab./km²)
Lingua oficialLingua aragonesa (lingua predominante)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie586,817701 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude780 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataBerta Fernández Pueyo (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22600 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE22199 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websabinanigo.es Editar o valor en Wikidata

Limita ao norte cos municipios de Biescas e Yebra de Basea; ao leste con Fiscal e Boltaña; ao sur co municipio de Las Peñas de Riglos; ao sueste coa comarca do Somontano de Barbastro e ao oeste cos municipios de Caldearenas, Jaca e Villanúa.

Sabiñánigo, Porta do Pireneo

editar

Sabiñánigo está situado entre o Val do río Aurín e a conca do curso medio do río Gállego na súa zona norte e entre os vales de Basea e Guarga na zona sur, é dicir, abarca desde as serras interiores do Pireneo ata as exteriores, pasando pola depresión media, o que fai que posúa unha gran variedade de ecosistemas e paisaxes que entroncan coa rica arquitectura popular e relixiosa deste termo municipal. A cidade, aínda que xa case ninguén o recorda, celebrou as súas dúas mil anos, xa que a fundaron os romanos, moi preto da súa actual localización, os nomes "Gállego" (das Galias) e "Aurín" (de Aureo) denotan a súa orixe en latín.

Demografía

editar
Evolución demográfica
1991 1996 2001 2003 2007 2008
9.056 8.759 8.578 8.797 9.673 10.112

Deporte, Cultura e Turismo

editar
 
Vista de Santa Orosia e Oturia

Cidade moi ligada ao deporte e en especial ao ciclismo, é famosa por crear e albergar unha das probas ciclistas de afeccionados máis importantes do mundo, chamada Quebrantahuesos. É moi corrente que etapas da Volta a España principien, pasen ou rematen aquí, e ata campionatos de España para profesionais, pasando os mellores ciclistas do mundo como é o caso de Miguel Indurain.

En Sabiñánigo pódese practicar esquí. Está a 30 km de Panticosa, 38 km da estación de Formigal (a máis grande de España), 44 km de Candanchú e a 47 km da estación de Astún (42 km esquiables), sen contar Cerler (a 120 km)

A casa do século XIX (1810-1830), coñecida como Casa Batanero, é a sede do Museo de Artes do Serrablo. Este museo foi inaugurado en 1979. A planta baixa reproduce as distintas dependencias dunha casa pirenaica con todos os seus aveños. No segundo piso combínanse estancias dedicadas aos labores artesanais con estancias propias da vivenda. No antigo celeiro instalouse un espazo lúdico dedicado a Pedrón, o famoso diablillo do Serrablo. Foi apadriñado por Julio Caro Baroja e por Julio Gavín,

En Sabiñánigo atópase Pirenarium, un parque en miniatura sobre os Pireneos. Este complexo inaugurado en 2006 alberga maquetas do Pireneo e todo Aragón, e localízase nos antigos cuarteis do exército.

Cidades irmandadas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar