Francisco Vázquez Saco

eclesiástico e escritor galego

Francisco Vázquez Saco, nado en Sarria o 24 de outubro de 1897 e finado en Lugo o 27 de decembro de 1962, foi un eclesiástico e escritor galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Vázquez Saco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1475230 BUSC: vazquez-saco-francisco-1897-1962

Traxectoria

editar

Formación

editar

Cursou estudos eclesiásticos no Seminario lucense e na Universidade Pontificia de Comillas, sendo ordenado presbítero en 1922. No ano 1937 foi designado Cóengo Lectoral de Lugo e Reitor do Seminario. Foi doutor en Filosofía e Teoloxía e Licenciado en Dereito Canónico.

Actividades

editar
 
Placa a Vázquez Saco en Sarria.

Foi nomeado en 1945 membro correspondente da Real Academia da Historia. Ocupou o cargo de Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos desde febreiro de 1948 ata o seu falecemento, e no ano 1958 foi nomeado membro da Comisión para a conservación de edificios e obxectos eclesiásticos, sendo tamén vocal do Centro de Estudos Xacobeos de Santiago de Compostela.

Como Director do diario de Lugo La Voz de la Verdad, cargo que tivo durante varios anos, realizou unha meritoria función, publicando nel varias poesías.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde decembro de 1942, e numerario desde o 3 de febreiro de 1946 aínda que non tomou posesión ata o 14 de xuño de 1952, nun solemne acto que tivo lugar no salón de Actos do Círculo das Artes. O discurso de ingreso, Una curiosa singularidad de la diplomática lucense en los siglos de la alta Edad Media, estuda as invocacións marianas na Catedral de Lugo na alta Idade Media.

Amosou sempre un especial amor a Galicia e a Sarria, sendo proverbial a súa capacidade de traballo, que o levou a coñecer como ninguén os arquivos locais, dando luz a moitos traballos de investigación histórica. O Concello de Sarria, en sesión de 15 de xullo de 1947, a proposta do alcalde Antonio Peña Villamarín, nomeouno Fillo Predilecto.

Erudito comprometido con Galicia, foi sobre todo home de Igrexa, e por moitos anos o encargado da formación dos futuros sacerdotes, como Reitor do Seminario. Correspondente da Academia da Historia e vogal da Xunta do Museo de Lugo, as súas vacacións en Sarria adicounas decote a investigar nos arquivos, sentando así as bases da historia local, dun modo rigoroso.

Para as mozas de Acción Católica creou a folliña Sursum, título que xa dera a outra revista por el fundada no seminario. Na das rapazas, e baixo a sinatura "El Consiliario Diocesano", publicou distintos traballos cheos de consellos, consignas e directrices. Na folliña parroquial Antena publicaba unha sección na que trataba temas relacionados co seminario, as vocacións, as virtudes sacerdotais...

Unha das facetas menos coñecida da súa vida e obra é a da súa actividade poética, que iniciou sendo mozo, no ano 1916. Estaba na metade da carreira, cando presentou unha poesía ó certame Literario Mariano de Lleida que foi premiada. Un ano máis tarde concorría con outra, baixo o lema "Muera la escuela sin Dios", no concurso caquetístico de Ferrol. No ano 1948 compartiu o premio polo traballo "Artistas que trabajaron en la catedral lucense".

Durante boa parte da súa vida foi recollendo refráns, dialoxismos, locucións, cantigas e outro material fraseolóxico. A raíz da convocatoria dun premio que a editorial Bibliófilos Gallegos convocou en 1951 para a publicación dun refraneiro galego, Vázquez Saco presentou unha compilación baixo o título 11.000 Refranes Gallegos. O premio foi declarado deserto porque os traballos presentados non reunían calidade suficiente, e volveuse a convocar no ano 1953, se ben Vázquez Saco xa non se volveu presentar. Aínda así continuou reunindo material ata a súa morte, ata conseguir unha colección de 22.939 refráns, con numerosas anotacións e correspondencias con outros asturianos, casteláns e portugueses. Este material inédito foi publicado por fin polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, no 2003, baixo o título de Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral, no 5º volume dos Cadernos de Fraseoloxía Galega [1]. Trala publicación deste refraneiro, unha colaboradora de Vázquez Saco entregou ó Centro Ramón Piñeiro unha carpeta con máis material inédito, entre o que se encontraban 81 novos refráns, xunto a outros 101 portugueses, que foron publicados baixo o título "Novo manuscrito paremiolóxico de Vázquez Saco" no número seguinte dos Cadernos de Fraseoloxía Galega [2].

Publicacións

editar

Nos Libros-Programa das festas de San Xoán publicou moitos traballos sobre Sarria:

  • "El Camino de Santiago en Sarria"
  • "Los tres primeros condes de Sarria"
  • "Sarria y San Juan"
  • "Reyes en Sarria"
  • "Artistas que florecieron en Sarria"
  • "Los priores de Santa María Magdalena"
  • "Los priores: Adiciones"
  • "Los romanos en la comarca"
  • "Gregorio Fernández"
  • "La Casa de Lemos y el antigo convento de agustinos".