Abrir o menú principal

Federico Zamora Mosquera, nado o 7 de agosto de 1892 e finado na Coruña o 12 de agosto de 1975[1], foi un político e escritor galego.

Federico Zamora
Nacemento7 de agosto de 1892
Falecemento12 de agosto de 1975
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Emigrou sendo novo a Buenos Aires, onde ampliou os seus coñecementos. Retornou e foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi bibliotecario en 1918 e vicepresidente en 1923. Participou na Asemblea de Lugo e Monforte. Foi promotor e fundador con Ánxel Casal da primeira escola de ensinanza galega e foi comisionado para visitar as Escuelas del Mar e as Escuelas de ensinanza catalá de Barcelona para ver como funcionaban. Colaborou con Leandro Carré Alvarellos na creación da Escola Dramática Galega. Colaborou en A Nosa Terra. Representante de calzados Senra, percorreu o país con Víctor Casas para levar a mensaxe do nacionalismo galego. Trasladado a Vigo foi fundador e presidente da ORGA viguesa e asistiu ao Pacto de Lestrobe. Retornou a Coruña en setembro de 1931. En xuño de 1936 foi nomeado administrador do balneario Termas Pallarés de Alhama de Aragón[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por Responsabilidades Políticas e sufriu unha sanción económica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

ObrasEditar

  • Refráns e ditos populares galegos, 1972.

Vida persoalEditar

Casou con Pilar Castro Iglesias en 1917.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 13-8-1975, p. 30.
  2. La Voz de Galicia, 3-6-1936, p. 2.

Véxase taménEditar