Xosé María Barreiro
José María Rodríguez Barreiro, coñecido como Xosé María Barreiro, nado en Baiona o 28 de xuño de 1871 e finado no mesmo concello o 23 de novembro de 1923, foi un xornalista e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Rodríguez Barreiro ![]() 28 de xuño de 1871 ![]() Baiona, España ![]() |
Morte | 23 de novembro de 1923 ![]() Baiona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Pseudónimo literario | Xosé María Barreiro ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario bio-bibliográfico de escritores ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarDirixiu en Baiona os periódicos El Valle Miñor (1902) e El Miñor (1904 a outubro de 1905). Foi redactor de Faro de Vigo. Escribiu o drama en verso Gente de Mar, estreado en Baiona en 1907, La Virgen de la Roca. Apropósito lírico en tres cuadros (1910)[1] estreado en Vigo en 1911 con música de Angel Rodulfo, e Un conto, diálogo en galego escrito para Hipólito Reguenga e Castelao. En 1910 dirixiu Heraldo de Bayona e en 1914 o periódico agrarista e anticaciquil El Pueblo, e participou no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915). El Pueblo foi pechado en 1916 e José María foi condenado a catro anos de desterro por supostas inxurias a un crego. Axudado pola Sociedad Miñorana de Montevideo, emigrou a América, fundou a Casa de Galicia de Montevideo e dirixiu no Uruguai o semanario Tierra Gallega (1917), O Fungueiro (1918) e Galicia Nueva (1918). En Montevideo representou Gente de Mar, La Romería de San Roque, Pan Quente, comedia de costumes e varias veces a zarzuela La Virgen de la Roca. Tamén asinou algunhas das súas colaboracións co pseudónimo Franco del Todo. É tamén autor dun documental sobre costumes e paisaxes de Galicia en 1918. Gravemente enfermo, regresou a Baiona, onde finou en novembro de 1923.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Bouzón Gallego, Avelino (26/5/2015). "Libro sobre la zarzuela La Virgen de la Roca"
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé María Barreiro |
Bibliografía
editar- "Rodríguez Barreiro, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 177.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 127.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 506. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 515. ISBN 84-8288-019-5.
- Zubillaga, Carlos (2005). "Barreiro, Xosé María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar- Pérez Leira, Lois (26/11/2000). Xosé María Barreiro: Periodista, agrarista, fundador da Casa de Galiza de Montevideo Enciclopedia da Emigración.