Manuel Viturro Somoza

diplomático galego

Manuel Viturro Somoza, nado na Coruña en xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 27 de xaneiro de 1977[1], foi un diplomático galego.

Manuel Viturro Somoza
Nacemento1904
 A Coruña
Falecemento27 de xaneiro de 1977
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióndiplomático
PaiManuel Viturro Posse
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Viturro Posse. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na carreira diplomática en 1928, sendo o seu primeiro destino o de secretario da Embaixada de España no Cairo en 1929. Foi Ministro Conselleiro na Embaixada de Buenos Aires (1955), cónsul xeral en Alxer (1958), e embaixador en Santo Domingo (1963-1964) e Helsinqui (1964-1972). Foi debuxante e colaborou na revista Marineda.

Casou con María Soledad de la Torre Fernández Latorre e é pai do tamén diplomático Manuel Viturro de la Torre.

NotasEditar