José del Moral Sanjurjo
José del Moral Sanjurjo, nado na Coruña en 1881 e finado en Paracuellos de Jarama (Madrid) en 1936, foi un avogado e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 1936 ![]() Paracuellos de Jarama, España ![]() |
![]() | |
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Familia | |
Pai | Antonio del Moral López ![]() |
Traxectoria
editarFillo do tamén político e deputado Antonio del Moral López. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1907, polo de Corcubión en 1910, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1914, 1916 e 1918; volveu ser elixido polo distrito da Coruña en 1919, 1920 e 1923. Foi Director Xeral da Débeda e Clases Pasivas. Durante a Segunda República continuou coa súa actividade política, nas eleccións xerais de 1933 saíu elixido deputado pola provincia da Coruña como independente de dereitas. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 como independente, pero non saíu elixido.
Morreu asasinado vítima das matanzas de Paracuellos.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José del Moral Sanjurjo |