Julio Wais Sanmartín
Julio Wais Sanmartín, nado na Coruña o 28 de agosto de 1878 e finado en Madrid o 16 de abril de 1954[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1878 A Coruña, España |
Morte | 16 de abril de 1954 (75 anos) Madrid, España |
Ministro de Facenda | |
20 de agosto de 1930 – 18 de febreiro de 1931 ← Manuel Argüelles Argüelles (en) – Joan Ventosa → | |
Ministro de Facenda | |
2 de marzo de 1930 – 20 de agosto de 1930 ← Manuel Argüelles Argüelles (en) – Luis Rodríguez de Viguri Seoane → | |
Ministro de Xustiza de España | |
13 de marzo de 1921 – 14 de agosto de 1921 ← Vicente Piniés Bayona (en) – José Francos Rodríguez (pt) → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Familia | |
Irmáns | Francisco Wais |
Traxectoria
editarEstudou dereito en Santiago e doutorouse en Madrid. Comezou a exercer a avogacía na súa cidade natal para trasladarse posteriormente a Madrid.
A carreira política iniciouna, na facción de Augusto González Besada, no Partido Conservador. Posteriormente pasouse á facción de Eduardo Dato. Ao morrer o deputado polo distrito electoral de Pontedeume José Lombardero, foi elixido deputado por este distrito en 1913 nunhas eleccións parciais. Continuou representando ao distrito en Cortes durante cinco lexislaturas ata 1923.
No seu labor parlamentario destacouse por loitar para que se rebaixasen os dereitos arancelarios do millo, moi prexudiciais para o labrego galego. Outras xestións súas son a concesión da carruaxe do correo para Ares e Mugardos, a construción da escola de Boebre, a reparación das igrexas de Centroña, Boebre e Ombre, a construción por parte do Estado do muro de contención da alameda de Raxoi en Pontedeume e os traballos para a transformación en pavillón escolar do edificio que ocupaba o hospital-asilo, tamén en Pontedeume. Por estas dúas últimas xestións, o concello de Pontedeume adicoulle unha rúa, a actual avenida da Coruña, en 1921.
Foi Director Xeral de Rexistros de Notarios (1917), Subsecretario do Ministerio de Gobernación (1920), Ministro de Graza e Xustiza do 7 de xullo ao 14 de agosto de (1921), Ministro de Economía Nacional do 3 de febreiro ao 20 de agosto de 1930 con Dámaso Berenguer, cesando neste ministerio para ocupar a carteira de Facenda ata o 18 de febreiro de 1931) co mesmo presidente.
Predecesor: Vicente de Piniés Pío |
Ministro de Graza e Xustiza 1921 |
Sucesor: José Francos Rodríguez |
Predecesor: Manuel Argüelles Argüelles |
Ministro de Economía Nacional 1930 |
Sucesor: Luis Rodríguez de Viguri |
Predecesor: Manuel Argüelles Argüelles |
Ministro de Facenda 1930 - 1931 |
Sucesor: Juan Ventosa Calvell |
Predecesor: José Lombardero Franco |
Deputado por Pontedeume 1912 - 1923 |
Sucesor: Desaparece cargo |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio Wais Sanmartín |
Ligazóns externas
editar- Biografía Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume. Revista Cátedra nº 11 (2004).
- Ficha de Julio Wais na web do Congreso dos Deputados.