Antonio Taboada Tundidor
Antonio Taboada Tundidor, nado en Ourense o 15 de novembro de 1888 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1959, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1888 Ourense, España |
Morte | 30 de decembro de 1959 (71 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Agrario Español 28 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
15 de decembro de 1933 – 2 de febreiro de 1939 | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Agrario Español 5 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de xaneiro de 1921 – 15 de setembro de 1923 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Juan Taboada González |
Irmáns | Carlos Taboada Tundidor |
Traxectoria
editarFillo de Juan Taboada González e irmán de Carlos Taboada Tundidor. Licenciado en Dereito. Foi xuíz de primeira instacia do Carballiño, Quiroga (1914-1920),[1] e Céuta. Militou no Partido Conservador, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1920 e 1923. Na ditadura de Primo de Rivera reingresou na carreia xudicial e foi nomeado xuíz de primeira instancia de Motilla del Palancar en 1924.[2] Despois foi fiscal da Audiencia de Palencia en 1927,[3] e da de Bilbao en 1928.[4] Coa caída da ditadura foi nomeado Subsecretatario do Ministerio de Xustiza e Culto en febreiro de 1930,[5] e actuou como Ministro de Graza e Xustiza interino do 22 de setembro ao 6 de outubro de 1930. Foi director xeral de Obras Públicas a finais de 1930. Unha vez proclamada a República, foi conselleiro do Banco de Crédito Local (1931-1932) e deputado pola provincia de Ourense polo Partido Agrario Español nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Foi secretario do Congreso en 1934 e fiscal do Tribunal Supremo do 23 de decembro de 1935 ao 2 de xaneiro de 1936.