Ángel García Valerio
Ángel García Valerio, nado 1850 en Serantellos (no daquela concello de Serantes) e finado en Ferrol o 24 de xullo de 1935, foi un avogado e político galego.
Ángel García Valerio | |
---|---|
Nacemento | 1850 |
Serantellos | |
Falecemento | 24 de xullo de 1935 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Residiu no Pazo dos Valerio, en Serantes. Os Valerio, como administradores dos Andrade tiñan moitas propiedades na parroquia de Covas[1].
Membro do Partido Liberal pertenceu a fracción política prietista. Foi deputado provincial polo distrito de Ferrol-Ortigueira dende 1907 ata 1917, foi Vicepresidente da Deputación e formou parte da Comisión de Administración. Nas eleccións de 1918 foi elixido deputado en Cortes polo distrito de Ferrol. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais ata 1923. Fundador e dono do diario El Faro de Ferrol que ademais entre 1908 e 1913 tivera a titularidade dunha parte do xornal El Correo Gallego que obtivo de mans de Mariano Abizanda, fillo do fundador.
NotasEditar
- ↑ "Caricatura dun político de Cobas". www.sociedadecolumba.com. Consultado o 2019-12-20.