José Lladó Vallés
José Lladó Vallés, finado o 9 de outubro de 1933, foi un avogado e político galego.
José Lladó Vallés | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de xullo de 1888 |
Falecemento | 9 de outubro de 1933 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
Fillos | Juan Lladó Sánchez-Blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de cataláns e residente en Asturias. Foi deputado polo distrito de Quiroga polo Partido Liberal nas eleccións de 1916 e foi nomeado Director Xeral da Administración e oficial do Consello de Estado. Nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923 foi reelixido deputado polo mesmo distrito adscrito ao sector romanonista. En 1923 foi nomeado Fiscal do Tribunal Supremo de España. Foi Conselleiro da Arrendataria de Tabacos e asesor da Compañía Madrileña de Tranvías.
Coa chegada da Segunda República, foi elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 nunha candidatura independente, e ocupou o escano ata a súa morte en 1933.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Lladó Vallés |