Antero Rubín
Antero Rubín Homent, nado en Redondela o 15 de febreiro de 1851 e finado en Ourense o 1 de maio de 1935, foi un xeneral e político coñecido pola súa longa carreira en Cuba. Loitou na Guerra de Cuba, foi elixido deputado nas Cortes Xerais polo distrito de Quiroga, en Lugo en 1914 e durante a lexislatura dos anos 1921-1922 foi senador electo pola provincia de Zamora.
Nome orixinal | (es) Antero Rubín Homent |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1851 Redondela, España |
Morte | 1 de maio de 1935 (84 anos) Ourense, España |
Senador de España | |
2 de xaneiro de 1921 – decembro de 1922 Circunscrición electoral: provincia de Zamora | |
Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar | |
25 de maio de 1917 – 7 de decembro de 1923 ← Luis Mackenna Benavides (en) – Bernardo Álvarez del Manzano y Menéndez Valdés (en) → | |
Q106204156 | |
xullo de 1915 – 4 de novembro de 1916 | |
Deputado das Cortes | |
7 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916 Circunscrición electoral: Quiroga | |
Q106204179 | |
decembro de 1908 – febreiro de 1910 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Premios | |
Traxectoria
editarO seu pai, Evaristo Rubín, foi un oficial de carreira que combateu con distinción baixo as ordes do Xeneral Joan Prim i Prats na Guerra de África. Antero Rubín ingresou de xeito voluntario no exército o 11 de maio de 1868 e aos dezaseis anos foi para Cuba co exército, de onde volveu aos poucos anos tras ascender ao rango de tenente. Estudou en Redondela, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.
En 1869, xa como cabo segundo, partiu cara Cuba unha vez máis. En 1895, cando estaba destinado en Tui como xefe da comandancia militar, volveu ser enviado a Cuba para defender os intereses españois. Co batallón Granada, composto por 700 homes, fixo fronte a unha insurrección en Potrero de las Varas o 24 de setembro de 1895. O seu triunfo valeulle diversas condecoracións pero tamén foi ferido. Unha vez recuperado asumiu as comandancias militares de Cienfuegos e Bayano. En 1897 participou nos combates de Santa Fé, El Revolcadero e Lomas del Viento, entre outros. Xa no ano 1898 participou en batallas como as de Quemado e Guanacoa. Os días 22, 23 e 24 de xuño tomou parte nas batallas contra os estadounidenses (Batallas das Guásimas). O 1 de xullo presenciou a capitulación de Santiago de Cuba.
O 14 de febreiro de 1898 a raíña rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias ascendeuno a xeneral de brigada. En 1901 pasaría a ser gobernador civil de Oviedo. En 1908 foi ascendido a xeneral de división e en decembro de 1916 a tenente xeneral. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia tras ter dirixido os gobernos militares da Coruña, Zaragoza e Bilbao. Pasou á reserva en 1923.
Un cuartel de artillaría no barrio de Campolongo na cidade de Pontevedra, xa desaparecido, levou o seu nome (Acuartelamiento General Rubín), neses terreos hai agora vivendas, a cidade administrativa da Xunta de Galicia e un club deportivo militar. Unha avenida de Pontevedra no mesmo barrio de Campolongo leva o seu nome desde 1918.
Vida persoal
editarCasou con Alexandra Ulloa Sotelo (f. 1966).
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antero Rubín |
Bibliografía
editar- "Rubín Homent, Antero". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 212–213.
- Nofi, Albert A. (1997). The Spanish-American War, 1898 (en inglés). Combined Books. ISBN 0-938289-57-8.