Enrique Gómez Jiménez
Enrique Gómez Jiménez, nado en Santa Clara (Cuba) o 29 de maio de 1889, foi un enxeñeiro e político galego. Foi o 25º presidente do Deportivo da Coruña.
Enrique Gómez Jiménez | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1934 | |
Nacemento | 29 de maio de 1889 |
Lugar de nacemento | Provincia de Villa Clara |
Falecemento | valor descoñecido |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e enxeñeiro de camiños |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de galegos de Becerreá emigrados en Cuba.[1] Traballou como enxeñeiro de camiños na Xefatura de Obras Públicas de Lugo. Foi presidente do Lugo Sporting Club en 1927.[2] Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola Derecha Liberal Republicana, e nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936 polo Partido Republicano Conservador. No franquismo foi enxeñeiro xefe de Obras Públicas de Lugo en 1940,[3] enxeñeiro xefe de Obras Públicas da provincia da Coruña dende 1947,[4] e inspector xefe de Obras Públicas de Galicia.[5]
Foi presidente do Deportivo da Coruña desde o 30 de maio de 1950, en substitución de Daniel Chaver Gómez, até o 29 de xaneiro de 1952, sendo á súa vez substituído por Manuel Otero Peón.
Predecesor: Daniel Chaver Gómez |
Presidente do Deportivo da Coruña 1950−1952 |
Sucesor: Manuel Otero Peón |
Vida persoal editar
Casou en Becerreá con Magdalena Mateo Ferrer en setembro de 1926.[6]
Recoñecementos editar
Medalla ao Mérito no Traballo en 1929.[7]