Derecha Liberal Republicana

Derecha Liberal Republicana (DLR) foi un partido político español que apareceu despois da ditadura de Primo de Rivera, en setembro de 1930, creado por Niceto Alcalá Zamora e Miguel Maura[1] e que existiu durante a Segunda República Española. Pretendeu agrupar a monárquicos desencantados coa monarquía e a grupos conservadores con certa mentalidade republicana[2] e pretendían conseguir unha República conservadora.[3]

Derecha Liberal Republicana
AcrónimoDLR
Tipopartido político e entidade desaparecida
IdeoloxíaRepublicanismo e liberalismo conservador
Data de fundación1931
Data de disolución1936
Fundador(es)Niceto Alcalá-Zamora
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O partido foi creado por Niceto Alcalá Zamora. Este, xunto con outros persoeiros, abandonou o Partido Liberal e eran un conxunto de antigos monárquicos e independentes que se afastaron da monarquía polo apoio dado por esta á ditadura de Primo de Rivera.[4] A seguir, fusionáronse cos republicanos de Miguel Maura inmediatamente antes do Pacto de San Sebastián (1930), e do cal formou parte Alcalá Zamora, quen foi elixido presidente do Goberno Provisorio da República. Participou nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 dentro das listas da Conxunción Republicano-Socialista conseguindo 23 escanos.[5]

Durante as discusións constitucionais, a dereita republicana, xunto cos radicais de Alejandro Lerroux, abandonaron a coalición republicano-socialista.

Entrementras, en agosto de 1931, a DLR decidiu trocar o seu nome polo de Partido Republicano Progresista e,[2][6] pouco despois, a súa ala dereita dirixida por Maura separouse con trece deputados e, en xaneiro de 1932, crearon o Partido Republicano Conservador.[1]

Derecha Liberal Republicana, desapareceu ao inicio da guerra civil.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Algueró 2012, p. 284
  2. 2,0 2,1 Chernichero 2007, p. 30
  3. Álvarez 1993, p. 78
  4. Fuertes-Planas Aleix (2019), p. 245
  5. Gil Pecharromán 1995, p. 42
  6. Checa Godoy, p. 23

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Álvarez Rey, Leandro (1993). La derecha en la II República: Sevilla, 1931-1936. Serie Filosofía y Letras, nº 163 (en castelán). Sevilla: Servicio de publicaciones de la Universidad de Sevilla. ISBN 84-472-0152-X. 
  • Checa Godoy, Antonio (2011). Prensa y partidos políticos durante la II república (en castelán). Sevilla: Consejería de Cultura, Junta de Andalucía. ISBN 978-84-88067-13-5. 
  • Chernichero Díaz, Carlos Alberto (2007). El estado integral en la constitución de la II república: proceso político, sistema parlamentario y conflictos territoriales (en castelán). Cádiz: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz. ISBN 978-84-9828-146-0. 
  • Algueró, Felipe-José de Vicente. El catolicismo liberal en España. Colección: Ensayo nº 459 (en castelán). Madrid: Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-9920-772-8. 
  • Fuertes-Planas Aleix, Cristina (2019). Un republicano fusilado en Paracuellos del Jarama. (en castelán). Madrid: Dyckinson. ISBN 978-84-1324-003-9. 
  • Gil Pecharromán, Julio (1995). La Segunda República. Colección: Cuadernos UNED (en castelán). Madrid: UNED. ISBN 9788436232295. 

Outros artigos editar