Derecha Liberal Republicana en Galicia

A Derecha Liberal Republicana comezou a súa organización en Galicia en maio de 1931 ao constituírense as agrupacións locais de Lugo, Pontevedra e A Coruña, as súas figuras políticas máis importantes foron José Reino Caamaño e Enrique Gómez Jiménez, os dous conseguiron acta de deputado nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pero o partido non logrou artellar máis que unha pequena parte da dereita galega que se decantaba pola CEDA ou os monárquicos. En xullo de 1931 a maioría dos militantes da DLR en Galicia deixaron o partido seguindo a Miguel Maura para constituíren en xaneiro de 1932 o Partido Republicano Conservador e a DLR agora denominada Partido Republicano Progresista apenas contou con organización ningunha en Galicia.