Santa Clara, Cuba
Santa Clara foi fundada en 1689, é a capital da provincia cubana de Villa Clara (tamén coñecida como Las Villas). Posúe unha poboación estimada de 217.000 habitantes(1994). É un centro comercial e de comunicacións localizado nun nó de estradas e ferrocarril. Tamén ten un aeroporto. A gandería foi a actividade tradicional até o século XIX, no que a cana de azucre se volveu importante. O procesamento e comercialización de tabaco ten lugar na provincia. É a cidade máis poboada da rexión central da illa de Cuba.
Lema | «Patria, prosperidad y familia» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia de Villa Clara | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 247.436 (2020) (481,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 514 km² | ||||
Altitude | 125 m | ||||
Creación | 15 de xullo de 1689 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50100 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Capturada polas forzas guerrilleiras baixo o mando do comandante Che Guevara finais de 1958 durante a revolución dirixida por Fidel Castro contra Fulgencio Batista e Zaldívar. Actualmente descansan os restos do Che no Memorial desta cidade.
A Universidade Central de Las Villas está situada ao leste de Villa Clara.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |