José Estévez Carrera
avogado e político galego
José Estévez Carrera, nado en Ponteareas o 8 de maio de 1869 e finado en Madrid o 2 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
José Estévez Carrera | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de maio de 1869 |
Lugar de nacemento | Ponteareas |
Falecemento | 2 de novembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Oviedo |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Foi administrador da beneficencia en Ourense e foi primeiro auxiliar do bufete do ministro Gabino Bugallal Araujo, que o axudou a conseguir a acta de deputado polo distrito de Ribadavia, en representación do Partido Conservador nas sucesivas eleccións entre 1914 e 1923. Especializado na temática foral, na lexislatura de 1914 formou parte da comisión de concentracións parcelarias. Rexistrador da propiedade, foi subsecretario de Facenda e director xeral da Administración local. Foi asasinado en Madrid o 2 de novembro de 1936.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Estévez Carrera |